QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 14 de octubre de 2013

HAI MAIS DEPORTE ALÉN DO FÚTBOL !



Como cada luns facemos repaso das novas deportivas do fin
de semana, o menú de hoxe é o seguinte(clica nas fotos):

Melani Costa gana el oro en 400 libre y Mireia la plata1. COPA DO MUNDO DE NATACIÓN:  Melani Costa gañou a proba de 400 metros libres. Mireira Belmonte foi segunda nesta distancia, terceira en 400 libres e segunda en 200 bolboreta.






Victoria del keniano Kimetto, a 22 segundos del récord mundial2. MARATÓN DE CHICAGO:  segue a celebración de maratóns importantes no calendario atlético. Nesta ocasión  o keniano Kimetto  gañou a maratón de Chicago, quedando a 22" do récord mundial logrado en Berlón fai uns días. En categoría feminina a vencedora foi a tamén keniana Rita Jepto.














3. IROMAN DE HAWAI: o galego Iván Raña acadou un meritorio 6º posto na mítica proba hawaiana. Lembra que un iroman é o triatlón no que hai que nadar 3,8 km., facer 180 km en bici e para rematar correr unha maratón.






4. MOTOCICLISMO: Ana Carrasco convírtese na primeira muller en acadar un punto no campionato do mundo de motociclismo.