QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 7 de octubre de 2013

HAI MÁIS DEPORTE ALÉN DO FÚTBOL!






Alejandro Fernández. // I.Osorio

Como cada luns, achegámosvos outras noticias deportivas interesantes relacionadas con deportes, que non son o sufrimento do Madrid en Levante ou os goles de Diego Costa. Hoxe recollemos estas ( clica nas fotos para ampliar a nova):

1- O atleta ourensán Alejandro Fernádez ven de vencer na proba de 10 km celebrada en Coruña, sendo o único atleta de baixar dos 30', concretamente 29'46", continuando deste xeito cun magnífico estado de forma despois de conquerir a medalla de bronce no Campionato de España celebrado a finais de setembro.
 
 Nesta mesma proba da Coruña , a atleta ourensá Sonia Teijeiro finalizou 2º na categoría de veteranas cun tempo de 38'04".

Gebrselassie vencedor con
40 años, Lamdassem tercero
2- A lenda Haile Gebrselassie , 40 anos, volveu a rachar a cinta da victoria ao imporse na 1/2 maratón de Glasgow cun tempo de 1h 01' 09". O español Lamdassen  finalizou 3º.


Gómez Noya prolonga su racha triunfal en la Copa del Mundo de Cozumel


3-Gómez Noya , reciente campión do Mundo de triatlón, segue imparable ; ven de vencer na proba celebrada en Cozumel. Nesta mesma proba , o tamén galego Uxío Abuín finalizou décimo.



'Purito' Rodríguez revalida el título y
recupera el número uno mundial

4- "Purito" Rodriguez e Alejandro Valverde veñen de facer primeiro e segundo no prestixioso Giro de Lombardía. Deste xeito recupera a 1º posición na clasificación mundial de ciclismo.






5- Exito no Dia da bici.  Onte celebrouse a 29º edición do día da bici na nosa cidade. Milleiros de participantes , maiores, pequenos, familias.., tomaron as rúas da Capital. Felicidades a todos os participantes!!!