QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 7 de octubre de 2013

RAFA NADAL : nº 1 EN VALORES .



A figura de Rafa Nadal vai moito máis alá do tenista. Exemplifica os valores do deportes elevados á máxima expresión. Valores que son totalmente transferibles á vida cotiá: o esforzo , afán de superación, non rendirse ante as dificultades, saber gañar e saber perder.... Nada máis recuperar o nº 1 preguntáronlle qué sentía. A súa resposta foi : " estou feliz, non por ser número 1 , si non polo que fixen para selo". Hai que lembrar que o tenista viña dunha lesión que lle fixo ter que deixar de competir.

Nesta entrevista, clica na foto para leela, o seu tío e entrenador cóntanos cómo afrontou a lesión e cómo o esforzo e o afán de superación levouno á cima do tenis.