QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

viernes, 18 de octubre de 2013

SERAS CAPAZ DE PROBAR O TABACO DESPOIS DE VER ESTO....."TOBACCO BODY": UNHA APLICACIÓN PARA COMPROBAR OS EFECTOS DO TABACO NO MEU ORGANISMO.

Un dos obxectivos esenciais do Seminario é que sexades teñades a suficiente información sobre os hábitos de vida, tanto os que son beneficiosos , como os perxudiciais. A información permítenos ser persoas libres coa capacidade de tomar decisións.

En 3º de E.S.O. dentro da U.D. I , ademáis de mellorar a nosa saúde a través da actividade física; estamos a falar dos riscos de certos hábitos (lembra o vídeo que está colgado no blog sobre o tabaco). A continuación presentámovos unha aplicación feita pola Sociedade Finlandesa de cancro, onde , a golpe de clic, poderás comprobar como son efectos do tabaco no teu corpo: como che quedará os dentes, o pelo, a pel, verás os pulmóns....

Clica na foto e compróbao por ti mesmo!!

Así se te queda el cuerpo si eres fumador