QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

jueves, 3 de octubre de 2013

29 EDICIÓN DO DÍA DA BICI.



Este domingo 6 de outubro celébrase a 29 edición do tradicional día da bici.  A saída será na ALAMEDA   e recorreranse as principais rúas e barrios da cidade. O día da bici é unha xornada propicia para o deporte en familia, non o deixes pasar!!!

A inscripción poderase facer ata o sábado día 5 no centro comercial  La Región (na rúa do Paseo ) e tamén en Bicis Moure ( rúa Camino Caneiro, 12). Para os máis rezagados , a organización permite inscribirse o día mesmo na salida en horario de 09:30 a 11:30.

Lembra que é unha xornada festiva , non competitiva !!!