QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

jueves, 24 de octubre de 2013

IMPORTANCIA DO CALZADO NA CARREIRA !!!



Agora que estamos a traballar a resistencia aeróbica, é un bo momento para reflexionar sobre a importancia do calzado na carreira. Moitas veces, fixámonos máis no aspecto da zapatilla que na súa funcionalidade; e unha boa ou mala elección da mesma, vai a ser determinante para evitar sobrecargas musculares, dores de espalda etc.

Para elexir unha zapatilla axeitada, teño que coñecer cómo piso, para iso basta con fixarse na suela das zapatillas e ver cómo están gastadas:

       - PRONADORES: gastan a zapatilla pola parte interior.
       - SUPINADORES: gastan a suela pola parte exterior.
       - NEUTROS: gasta polo medio.

Unha vez que xa sei que tipo de pisada teño, cando vaia a mercar unhas zapatillas, comentareillo ao dependiente para que me guíe aos modelos que corresponden coa miña pisada.

CLICA NESTA FOTOGRAFÍA, accederás a unha infografía que che explicará con animacións todo o anterior.