QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 28 de octubre de 2013

HAI MÁIS DEPORTE ALÉN DO FÚTBOL!!!




Las primeras unidades de la carrera absoluta de la prueba pedestres de A Carballeira. (Foto: FOTOS: MIGUEL ÁNGEL)

Como cada luns , pasamos revista as novas deportivas da fin de semana que non sexan do fútbol; porque existen outros deportes :

1. CARREIRA PEDESTRE DA CARBALLEIRA: este domingo celebrouse a Carreira Popular da Carballeira, coa que remataba a liga de carreiras populares CorrendoxOurense. 


2. CARREIRA POPULAR DE SANTIAGO: Lolo Penas volve a impoñerse a Alejandro Fernández. O 17 de novembro volveranse a enfrontar no San Martiño.





Pol Espargaró, campeón del mundo de Moto2
3. MUNDIAL DE MOTOCICLISMO:  Pol Espargaró gañou o campionato do mundo en Moto 2, despois de imporse na proba celebrada en Japón. Na categoría raíña, Moto GP, Jorge Lorenzo impúxose a Mar Márquez, acortando 5 puntos no Mundial .







4. MUNDIAL DE F1: o alemán Sebastian Vettel  gañou a carreira celebrada na India e conseguindo deste xeito o seu 4º título mundial.
Video: Fórmula 1. GP de India. Vettel gana y ya tiene su cuarto título mundial

5. MUNDIAL XTERRA: o malagueño Rubén Ruzafa, acadou o campionato do mundo de triatlón XTERRA celebrado en Hawai. Esta é unha modalidade na que a bici en ruta substitúese pola bici de montaña.

Rubén Ruzafa logra su segundo título mundial XTerra en Hawai