QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 2 de octubre de 2013

OS PERIGOS DO TABACO.

A U.D.I de 3º de E.S.O. leva o título de " A actividade física fronte aos perigos dos malos hábitos". Un destes malos hábitos é o tabaco. É importante que coñezas todas as consecuencias que para a túa saúde ten o consumo do mesmo. Neste vídeo,a modo de anuncios, poderás coñecer todos os efectos que ten sobre o teu organismo e seguro que algún deles vaiche a sorprender.

Lembra, que para evitar o tabaco hai que saber decir : NON!!!!