QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 21 de octubre de 2013

AMPLIAMOS OS "MARES" DE NAVEGACIÓN !!

Como xa sabedes, na marxen dereita do blog, tedes varios "mares" por onde navegar na percura de información do voso interese. A partir de hoxe tedes un novo e interesante océano : http://www.correrengalicia.org/index.php. Nesta páxina podedes atopar todas as carreiras, andainas....que se celebran en Galicia; coa información máis relevante: cándo se celebran, onde, distancia .... así tamén como os resultados das mesmas. Ánimo !!!