QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

viernes, 18 de octubre de 2013

FINALIZA A LIGA DE CARREIRAS POPULARES "CORRENDOxOURENSE".



O próximo domingo 27 de outubro finaliza a liga de carreiras populares "Correndo x Ourense", coa carreira da Carballeira.  Clica na foto e accederás á web do Concello onde terás toda a información así como o enlace para facer a túa inscripción. Lembra que tamén podes anotarte pedindo unha folla de inscripción aos profes de E.F.

Ánimo e participa, é un excelente adestramento para a carreira do San Martiño !!!