QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 6 de mayo de 2013

O NOSO CAMIÑO EN IMAXES: CONVIVENCIA.

O NOSO CAMIÑO: CONVIVENCIA on PhotoPeach

CAMIÑO DE SANTIAGO : UNHA EXPERIENCIA ÚNICA.

Chegamos: cansos, emocionados, ledos... conscentes de ter na nosa mochila da vida unha experiencia única.

O Camiño non era o fin  nin   obxectivo final. O Camiño era o medio, unha metáfora da vida; unha vida que está chea de retos, de dificultades, de sufrimentos, de alegrías, de momentos en que pensamos que non seremos capaces e a rendición pasa polas nosas cabezas...Nestes intres, a axuda dos compañeiros , a fortaleza interior, a determinación... fai que superemos calquer obstáculo . Cando esto ocorre, a sensacion de satisfacción é  insuperable , un cosquilleo de orgullo recorre o noso corpo e a emoción é inevitable.

Os nosos alumn@s entenderon perfectamente o que representaba esta actividade. Tod@s pasamos malos momentos: o cansancio, o frío, o peso das mochilas, os pes estragados, os camiños enlamados, as pistas pedregosas......pero a rendición foi un tren que non se detivo no noso andén . Esta era a ensinanza que queriamos transmitir.

Felicidades , non podíamos escoller mellor promoción para facer esta actividade por primeira vez.

Agradecementos do Seminario de E.F. aos compañeiros que se implicaron e fixeron posible este proxecto!!