QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 30 de octubre de 2013

REMATAMOS OS "ADESTRAMENTOS" NO PARQUE BARBAÑA!!

Un dos obxectivos máis importantes ao rematar a Secundaria, e que os nosos alumn@s teñan a autonomía necesaria para facer  deporte de saúde. Saber qué teñen qué facer e sobre todo cómo facelo , é un eixe vertebrador deste Seminario.

O mércores 30 de outubro rematamos as saídas que ao longo de todo o mes fixemos ao Parque Barbaña. Nesta última sesión os alumn@s puxeron en práctica todos os coñecementos teóricos e prácticos aprendidos ao longo dos cursos anteriores: relacionar capacidades físicas, intensidades, volumen de adestramento.... Desde o quencemento ata a volta á calma, pasando pola elección axeitada da actividade, e finalizando cunha posta en común.

Unha boa sesión para cerrar a U.D.I.

                                                                   QUENCENTO

                                         MELLORAMOS A RESISTENCIA AERÓBICA:
                                                   - 20' c.c. extensiva
                                                   - 15' c.c. extensiva + 5' marcha.
                                                   - 12' c.c. extensiva + 8' marcha.

                                          MELLORAMOS A FLEXIBILIDADE:
                                            - estiramentos en streching
                                         POSTA EN COMÚNR AO REMATALA SESION



lunes, 28 de octubre de 2013

HAI MÁIS DEPORTE ALÉN DO FÚTBOL!!!




Las primeras unidades de la carrera absoluta de la prueba pedestres de A Carballeira. (Foto: FOTOS: MIGUEL ÁNGEL)

Como cada luns , pasamos revista as novas deportivas da fin de semana que non sexan do fútbol; porque existen outros deportes :

1. CARREIRA PEDESTRE DA CARBALLEIRA: este domingo celebrouse a Carreira Popular da Carballeira, coa que remataba a liga de carreiras populares CorrendoxOurense. 


2. CARREIRA POPULAR DE SANTIAGO: Lolo Penas volve a impoñerse a Alejandro Fernández. O 17 de novembro volveranse a enfrontar no San Martiño.





Pol Espargaró, campeón del mundo de Moto2
3. MUNDIAL DE MOTOCICLISMO:  Pol Espargaró gañou o campionato do mundo en Moto 2, despois de imporse na proba celebrada en Japón. Na categoría raíña, Moto GP, Jorge Lorenzo impúxose a Mar Márquez, acortando 5 puntos no Mundial .







4. MUNDIAL DE F1: o alemán Sebastian Vettel  gañou a carreira celebrada na India e conseguindo deste xeito o seu 4º título mundial.
Video: Fórmula 1. GP de India. Vettel gana y ya tiene su cuarto título mundial

5. MUNDIAL XTERRA: o malagueño Rubén Ruzafa, acadou o campionato do mundo de triatlón XTERRA celebrado en Hawai. Esta é unha modalidade na que a bici en ruta substitúese pola bici de montaña.

Rubén Ruzafa logra su segundo título mundial XTerra en Hawai

jueves, 24 de octubre de 2013

IMPORTANCIA DO CALZADO NA CARREIRA !!!



Agora que estamos a traballar a resistencia aeróbica, é un bo momento para reflexionar sobre a importancia do calzado na carreira. Moitas veces, fixámonos máis no aspecto da zapatilla que na súa funcionalidade; e unha boa ou mala elección da mesma, vai a ser determinante para evitar sobrecargas musculares, dores de espalda etc.

Para elexir unha zapatilla axeitada, teño que coñecer cómo piso, para iso basta con fixarse na suela das zapatillas e ver cómo están gastadas:

       - PRONADORES: gastan a zapatilla pola parte interior.
       - SUPINADORES: gastan a suela pola parte exterior.
       - NEUTROS: gasta polo medio.

Unha vez que xa sei que tipo de pisada teño, cando vaia a mercar unhas zapatillas, comentareillo ao dependiente para que me guíe aos modelos que corresponden coa miña pisada.

CLICA NESTA FOTOGRAFÍA, accederás a unha infografía que che explicará con animacións todo o anterior.

lunes, 21 de octubre de 2013

AMPLIAMOS OS "MARES" DE NAVEGACIÓN !!

Como xa sabedes, na marxen dereita do blog, tedes varios "mares" por onde navegar na percura de información do voso interese. A partir de hoxe tedes un novo e interesante océano : http://www.correrengalicia.org/index.php. Nesta páxina podedes atopar todas as carreiras, andainas....que se celebran en Galicia; coa información máis relevante: cándo se celebran, onde, distancia .... así tamén como os resultados das mesmas. Ánimo !!!



HAI DEPORTE ALÉN DO FÚTBOL!!




Uno de los participantes, ante la bola.



Imos coas novas deportivas "non futbolísticas" da fin de semana:

1. 1º TORNEO DE GOLF LA REGIÓN: este fin de semana celebrouse o primeiro torneo de golf La Región , que tivo como gañador  a Manuel Hernández.












Lolo Penas y Alejandro Fernández, tras la carrera. // Marta G. Brea2. CARREIRA VIGO + 11. Lolo Penas gañou con récord da proba por diante do ourensán Alejandro Fernández, gañador da pasada edición , completando o pódium o tamén ourensán Rubén Diz. Deste xeito a próxima edición do San Martiño, domingo 17 de novembro, promete ser un apaixonante man a man entre Lolo Penas e Alejandro Fernández.
    En categoría feminina venceu a atleta portuguesa Patricia Mendes.
















3. MEDIA MARATÓN CIDADE DE PONTEVEDRA. Onte celebrouse a 18º edición da Media Maratón Cidade de Pontevedra, con récord de participación incluida. Fermosa proba que recorre o casco histórica da cidade galega, e que tivo como vencedores a Manuel Hurtado e Yolanda Gutiérrez.
Los atletas participantes, al inicio de la carrera en la calle José Malvar. // G. Santos















viernes, 18 de octubre de 2013

SERAS CAPAZ DE PROBAR O TABACO DESPOIS DE VER ESTO....."TOBACCO BODY": UNHA APLICACIÓN PARA COMPROBAR OS EFECTOS DO TABACO NO MEU ORGANISMO.

Un dos obxectivos esenciais do Seminario é que sexades teñades a suficiente información sobre os hábitos de vida, tanto os que son beneficiosos , como os perxudiciais. A información permítenos ser persoas libres coa capacidade de tomar decisións.

En 3º de E.S.O. dentro da U.D. I , ademáis de mellorar a nosa saúde a través da actividade física; estamos a falar dos riscos de certos hábitos (lembra o vídeo que está colgado no blog sobre o tabaco). A continuación presentámovos unha aplicación feita pola Sociedade Finlandesa de cancro, onde , a golpe de clic, poderás comprobar como son efectos do tabaco no teu corpo: como che quedará os dentes, o pelo, a pel, verás os pulmóns....

Clica na foto e compróbao por ti mesmo!!

Así se te queda el cuerpo si eres fumador

FINALIZA A LIGA DE CARREIRAS POPULARES "CORRENDOxOURENSE".



O próximo domingo 27 de outubro finaliza a liga de carreiras populares "Correndo x Ourense", coa carreira da Carballeira.  Clica na foto e accederás á web do Concello onde terás toda a información así como o enlace para facer a túa inscripción. Lembra que tamén podes anotarte pedindo unha folla de inscripción aos profes de E.F.

Ánimo e participa, é un excelente adestramento para a carreira do San Martiño !!!

jueves, 17 de octubre de 2013

TODOS AO SAN MARTIÑO !!!




Outro ano máis e xa temos eiquí a Carreira Popular do San Martiño , na súa 37º edición. Na vindeira semana levaremos a cabo as inscripcións , que este ano ten como novidade a carreira de pitufos para os nados no 2005 e posteriores, nunha distancia de 1.400 metros.

Non vos quededes sen participar !!!!

Pincha na foto para acceder á información do Concello.

miércoles, 16 de octubre de 2013

ADESTRAMENTO NO PARQUE BARBAÑA

ADESTRAMENTO NO PARQUE BARBAÑA on PhotoPeach

ADESTRAMOS PARA MELLORAR A NOSA SAÚDE.

Dentro da U.D. de 4º da E.S.O. que estamos a desenvolver : " Melloramos a nosa saúde: adestramento da resistencia aeróbica , a forza-resistencia e a flexibilidade"; todos os mércores do mes de outubro facemos un adestramento orientado ás capacidades físicas antes citadas. Como medios de adestramento estamos a usar a carreira continua extensiva, os circuitos (con gomas elásticas e aparellos de ximnasia saudable) e estiramentos estáticos .

Ademáis de identificar as capacidades físicas que melloran a saúde, os alumn@s teñen que recoñecer os métodos e medios de adestramento así como os elementos do mesmo: volumen, intensidade e recuperación.


lunes, 14 de octubre de 2013

HAI MAIS DEPORTE ALÉN DO FÚTBOL !



Como cada luns facemos repaso das novas deportivas do fin
de semana, o menú de hoxe é o seguinte(clica nas fotos):

Melani Costa gana el oro en 400 libre y Mireia la plata1. COPA DO MUNDO DE NATACIÓN:  Melani Costa gañou a proba de 400 metros libres. Mireira Belmonte foi segunda nesta distancia, terceira en 400 libres e segunda en 200 bolboreta.






Victoria del keniano Kimetto, a 22 segundos del récord mundial2. MARATÓN DE CHICAGO:  segue a celebración de maratóns importantes no calendario atlético. Nesta ocasión  o keniano Kimetto  gañou a maratón de Chicago, quedando a 22" do récord mundial logrado en Berlón fai uns días. En categoría feminina a vencedora foi a tamén keniana Rita Jepto.














3. IROMAN DE HAWAI: o galego Iván Raña acadou un meritorio 6º posto na mítica proba hawaiana. Lembra que un iroman é o triatlón no que hai que nadar 3,8 km., facer 180 km en bici e para rematar correr unha maratón.






4. MOTOCICLISMO: Ana Carrasco convírtese na primeira muller en acadar un punto no campionato do mundo de motociclismo.











jueves, 10 de octubre de 2013

A IGUALDADE NO DEPORTE.



Hoxe vemos normal a participación da muller no ámbito deportivo. Pero non fai moito tempo esto non era así, a súa participación estaba limitada ou incluso vetada en según qué probas. Onte o diario Marca, tróuxonos a memoria a figura de Kathrine Switzer , a primeira muller en correr unha marathón, concretamente a Marathón de Boston en 1967; cando estaba prohibido a súa participación. O salientable , é que para participar tivo que "enganar" á organización da proba. Kathrine apuntouse como K.Switerz, e desta forma pudo obter o dorsal. A organización intentou descalificala durante a carreira, incluso algún xuíz tratou de agarrala. Escoltada por outros corredores, conseguiu chegar á meta . Clica nas fotos para ampliar a  información


.


lunes, 7 de octubre de 2013

RAFA NADAL : nº 1 EN VALORES .



A figura de Rafa Nadal vai moito máis alá do tenista. Exemplifica os valores do deportes elevados á máxima expresión. Valores que son totalmente transferibles á vida cotiá: o esforzo , afán de superación, non rendirse ante as dificultades, saber gañar e saber perder.... Nada máis recuperar o nº 1 preguntáronlle qué sentía. A súa resposta foi : " estou feliz, non por ser número 1 , si non polo que fixen para selo". Hai que lembrar que o tenista viña dunha lesión que lle fixo ter que deixar de competir.

Nesta entrevista, clica na foto para leela, o seu tío e entrenador cóntanos cómo afrontou a lesión e cómo o esforzo e o afán de superación levouno á cima do tenis.

HAI MÁIS DEPORTE ALÉN DO FÚTBOL!






Alejandro Fernández. // I.Osorio

Como cada luns, achegámosvos outras noticias deportivas interesantes relacionadas con deportes, que non son o sufrimento do Madrid en Levante ou os goles de Diego Costa. Hoxe recollemos estas ( clica nas fotos para ampliar a nova):

1- O atleta ourensán Alejandro Fernádez ven de vencer na proba de 10 km celebrada en Coruña, sendo o único atleta de baixar dos 30', concretamente 29'46", continuando deste xeito cun magnífico estado de forma despois de conquerir a medalla de bronce no Campionato de España celebrado a finais de setembro.
 
 Nesta mesma proba da Coruña , a atleta ourensá Sonia Teijeiro finalizou 2º na categoría de veteranas cun tempo de 38'04".

Gebrselassie vencedor con
40 años, Lamdassem tercero
2- A lenda Haile Gebrselassie , 40 anos, volveu a rachar a cinta da victoria ao imporse na 1/2 maratón de Glasgow cun tempo de 1h 01' 09". O español Lamdassen  finalizou 3º.


Gómez Noya prolonga su racha triunfal en la Copa del Mundo de Cozumel


3-Gómez Noya , reciente campión do Mundo de triatlón, segue imparable ; ven de vencer na proba celebrada en Cozumel. Nesta mesma proba , o tamén galego Uxío Abuín finalizou décimo.



'Purito' Rodríguez revalida el título y
recupera el número uno mundial

4- "Purito" Rodriguez e Alejandro Valverde veñen de facer primeiro e segundo no prestixioso Giro de Lombardía. Deste xeito recupera a 1º posición na clasificación mundial de ciclismo.






5- Exito no Dia da bici.  Onte celebrouse a 29º edición do día da bici na nosa cidade. Milleiros de participantes , maiores, pequenos, familias.., tomaron as rúas da Capital. Felicidades a todos os participantes!!!


jueves, 3 de octubre de 2013

29 EDICIÓN DO DÍA DA BICI.



Este domingo 6 de outubro celébrase a 29 edición do tradicional día da bici.  A saída será na ALAMEDA   e recorreranse as principais rúas e barrios da cidade. O día da bici é unha xornada propicia para o deporte en familia, non o deixes pasar!!!

A inscripción poderase facer ata o sábado día 5 no centro comercial  La Región (na rúa do Paseo ) e tamén en Bicis Moure ( rúa Camino Caneiro, 12). Para os máis rezagados , a organización permite inscribirse o día mesmo na salida en horario de 09:30 a 11:30.

Lembra que é unha xornada festiva , non competitiva !!!

miércoles, 2 de octubre de 2013

OS PERIGOS DO TABACO.

A U.D.I de 3º de E.S.O. leva o título de " A actividade física fronte aos perigos dos malos hábitos". Un destes malos hábitos é o tabaco. É importante que coñezas todas as consecuencias que para a túa saúde ten o consumo do mesmo. Neste vídeo,a modo de anuncios, poderás coñecer todos os efectos que ten sobre o teu organismo e seguro que algún deles vaiche a sorprender.

Lembra, que para evitar o tabaco hai que saber decir : NON!!!!


XOGA E APRENDE: A TÚA SAÚDE É IMPORTANTE.




Na U.D.I de 1º de E.S.O., estamos a insistir na importancia da hixiene postural para previr problemas de espalda, e da importancia dos bos hábitos para levar unha vida saudable.

Si clicas neste enlace , accederás a un divertido xogo onde poderás poñer a proba os teus coñecementos .

Anímate e sorte !!!


martes, 1 de octubre de 2013

MIRA E APRENDE !







Navegando pola rede atopamos este excelente vídeo divulgativo sobre o aparato locomotor. Poderás coñecer os ósos do corpo , a súa estructura e funcións. Ademáis , poderás descargar unhas fichas de actividades  en PDF  para traballar xunto co vídeo.