QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 16 de diciembre de 2013

martes, 3 de diciembre de 2013

PROBAS PRÁCTICAS ATLETISMO. VÍDEOS !!

Achégase o final da U.D.II que en 1º, 2º  e 3º de E.S.O. está adicada á velocidade a través de distintas probas de atletismo: carreiras individuais e relevos en 1º, triple salto en 2º , e carreiras de valados en 3º.

Achégovos varios vídeos para que lembredes a execución das distintas técnicas atléticas que estamos a traballar. Ánimo e a practicar !!!!

SAÍDA DE TACOS

TÉCNICA DE CARREIRA.
ENTREGA TESTIGO.
                                        
PASO DE VALADOS
TRIPLE SALTO
XAVELINA
             

martes, 19 de noviembre de 2013

U.D.II 2º E.S.O.: A VELOCIDADE NO ATLETISMO: O TRIPLE SALTO.

Déixovos este enlace donde atoparedes os contidos básicos sobre o triple salto.

DESCUBRE O DEPORTE REI (non esperes atopar a Messi nin a Ronaldo)!!!

Antes que darlle patadas a un balón, golpear unha pelota cunha raqueta o metela nun cesto, moito antes disto o atletismo xa existía, e todo o mundo o practicaba. Efectivamente, na prehistoria , os homínidos corrían , saltaban, lanzaban... todo como algo rutinario na súa vida; podemos decir que todos levamos o atletismo no sangue.

O primeiro pensamento que se nos ven á mente cando oímos "atletismo" é sufrir correndo. Nestes catro anos de Secundaria, este será o único deporte que vas a coñecer todos os anos, e daraste conta de que cada ano será diferente. Efectivamente, o atletismo ten tantas modalidades que o todo o mundo o pode practicar: os rápidos pero pouco resistentes, os resistentes pero lentos, os altos e delgados, os máis fortachóns; todos temos unha modalidade que se adapta ao noso físico. Esta é a grandeza do atletismo.

Intentaremos que ao coñecelo, valores o increíble que son as marcas que se consiguen. Saltar 2 metros 45 c.m. igual non che di nada, pero si che digo que é saltar 12 cm. por riba do longueiro dunha portería...como che queda o corpo?

Non teñas medo, hai unha proba para ti. Compróbao nestes vídeos.















U.D. II 1º E.S.O.: MELLORAMOS A VELOCIDADE A TRAVÉS DO ATLETISMO: CARREIRAS DE VELOCIDADE LISAS.

A VELOCIDADE NO ATLETISMO.doc by guillermo060473

MUSCULATURA FAIXA ABDOMINAL. 4º E.S.O.

Como xa comentamos nos apontamentos, dentro dos beneficios do adestramento da forza-resistencia , queremos destacar a importancia que ten o equilibrio muscular da chamada "faixa abdominal". O excesivo debilitamento dos abdominais unido ao acortamento da musculatura lumbar, provoca desequilibrios musculares que se manifestan en dolores de espalda cada vez máis habituais. Esto agrávase  co que xa explicamos en 1º de E.S.O. sobre a hixiene postural : transporte da mochila pesada, estar correctamente sentados, etc.

Ao longo deste anos xa adquirístedes a autonomía mínima necesaria para correxir estes desequilibrios: facer exercicios de forza de abdominais e lumbares, xuntamente cos seus estiramentos correspondentes, garantizan ter unha zona abdominal forte e equilibrada.

A maiores neste curso, introduciremos exercicios de Pilates, que  basándose no chamado power house (faixa abdominal) permiten un excelente adestramento de forza e flexibilidade conxunta.









APONTAMENTOS U.D.II 4º E.S.O.: ADESTRAMENTO DA FORZA-RESISTENCIA.

U.D.II ADESTRAMENTO FORZA RESISTENCIA.doc by guillermo060473

lunes, 18 de noviembre de 2013

VIVA A CARREIRA DO SAN MARTIÑO !!!!

Espectacular, abraiante, impresionante.... infinidade de adxectivos para calificar á carreira máis popular de Galicia: o San Martiño. Baixo un día típico de novembro, con frío pero soleado, 8.700 atltetas, entre adultos, escolares e cativos, cruzaron a liña de meta no Pavillón dos Remedios.

Entre estes 8700 deportistas , queremos destacar aos 131 corredores que representaron ao noso Colexio: 37 na carreira de cativos e 94 na escolar, cada un buscando o seu obxectivo: acabala carreira, mellorar tempos de anos anteriores, facela sen deterse.....pero todos disfrutando dun día deportivo. Noraboa a tod@s, estamos moi orgullosos do voso esforzo!!!!

Si queres ver os teus resultados clica nestes enlaces (lembra que o tempo real que fixeches é o que pon "TEMPO NETO", que é o que mide desde que pasas pola saída ata a chegada á meta).


viernes, 8 de noviembre de 2013

ALMORZANDO RICO E SAN!!

Como publicamos na entrada anterior, os alumn@s de 4º de E.S.O. disfrutaron dun almorzo saudable dentro dos programas educativos  da Concellería de Educación. Destacar a calidade e presentación dos alimentos: brochetas de froita, bocadillos de xamón, zume de laranxa, leite... Somos conscientes de que da noite para a mañá os nosos alumn@s non van cambiar os seus hábitos, pero seguro que esta "semente" que plantamos hoxe, traerán adultos saudables no futuro.

Estas actividades rematarán o próximo venres día 15 cunha charla no salón de actos a cargo dunha especialista en nutrición.







martes, 5 de noviembre de 2013

ARMOZO SAUDABLE PARA 4º E.S.O.

Este venres 8 de novembro imos a desenvolver no Colexio a actividade "Almorzos saudables", organizada polo Concello de Ourense, e dirixida aos alumn@s de 4º de secundaria. Dita actividade consistirá nunha charla informativa sobre a importancia e as pautas a seguir para un bo almorzo; e unha posterior degustación.

Como preparación deixamos varios enlaces a webs (clica nas imaxes) relacionadas co tema e que esperamos que vos axuden a adquirir hábitos de vida saudables, que lembrade que é o eixe vertebrador do Seminario. Nestes enlaces aprenderedes a facer almorzos saudables , recoñecendo os grupos de alimentos que deben formar parte do mesmo.

   

EXERCICIOS PARA A PROBA PRÁCTICA DE FLEXIBILIDADE. 3º E 4º DE E.S.O.

lunes, 4 de noviembre de 2013

HAI DEPORTE ALÉN DO FÚTBOL !!!!

Un luns máis achegamos novas deportivas da fin de semana :

1- XIMNASTAS OURENSÁNS NO MUNDIAL DE BULGARIA.

Isaura Hermida. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)

2- BALONCESTO FEMININO: o Pabellón derrota ao Celta, coa participación de NEREA NIETO, ex-alumna do Colexio.

La finlandesa Saarinen encara a la defensora del Celta Débora Rodríguez. (Foto: MARTIÑO PINAL)

3- 300 AXEDRECISTAS PARTICIPANTES NO TORNEO DE EXPOURENSE.

Las mesas y las fichas tomaron Expourense durante la sexta edición del Festival Internacional. (Foto: XESÚS FARIÑAS)

4-  MUTAI VENCE NA EMBLEMÁTICA MARATÓN DE NY.

Geoffrey Mutai fue el mejor en una carrera sin incidentes

5- A SELECCIÓN NACIONAL DE PADDEL TRIUNFA NO MUNDIAL DE BOS AIRES.



miércoles, 30 de octubre de 2013

REMATAMOS OS "ADESTRAMENTOS" NO PARQUE BARBAÑA!!

Un dos obxectivos máis importantes ao rematar a Secundaria, e que os nosos alumn@s teñan a autonomía necesaria para facer  deporte de saúde. Saber qué teñen qué facer e sobre todo cómo facelo , é un eixe vertebrador deste Seminario.

O mércores 30 de outubro rematamos as saídas que ao longo de todo o mes fixemos ao Parque Barbaña. Nesta última sesión os alumn@s puxeron en práctica todos os coñecementos teóricos e prácticos aprendidos ao longo dos cursos anteriores: relacionar capacidades físicas, intensidades, volumen de adestramento.... Desde o quencemento ata a volta á calma, pasando pola elección axeitada da actividade, e finalizando cunha posta en común.

Unha boa sesión para cerrar a U.D.I.

                                                                   QUENCENTO

                                         MELLORAMOS A RESISTENCIA AERÓBICA:
                                                   - 20' c.c. extensiva
                                                   - 15' c.c. extensiva + 5' marcha.
                                                   - 12' c.c. extensiva + 8' marcha.

                                          MELLORAMOS A FLEXIBILIDADE:
                                            - estiramentos en streching
                                         POSTA EN COMÚNR AO REMATALA SESION



lunes, 28 de octubre de 2013

HAI MÁIS DEPORTE ALÉN DO FÚTBOL!!!




Las primeras unidades de la carrera absoluta de la prueba pedestres de A Carballeira. (Foto: FOTOS: MIGUEL ÁNGEL)

Como cada luns , pasamos revista as novas deportivas da fin de semana que non sexan do fútbol; porque existen outros deportes :

1. CARREIRA PEDESTRE DA CARBALLEIRA: este domingo celebrouse a Carreira Popular da Carballeira, coa que remataba a liga de carreiras populares CorrendoxOurense. 


2. CARREIRA POPULAR DE SANTIAGO: Lolo Penas volve a impoñerse a Alejandro Fernández. O 17 de novembro volveranse a enfrontar no San Martiño.





Pol Espargaró, campeón del mundo de Moto2
3. MUNDIAL DE MOTOCICLISMO:  Pol Espargaró gañou o campionato do mundo en Moto 2, despois de imporse na proba celebrada en Japón. Na categoría raíña, Moto GP, Jorge Lorenzo impúxose a Mar Márquez, acortando 5 puntos no Mundial .







4. MUNDIAL DE F1: o alemán Sebastian Vettel  gañou a carreira celebrada na India e conseguindo deste xeito o seu 4º título mundial.
Video: Fórmula 1. GP de India. Vettel gana y ya tiene su cuarto título mundial

5. MUNDIAL XTERRA: o malagueño Rubén Ruzafa, acadou o campionato do mundo de triatlón XTERRA celebrado en Hawai. Esta é unha modalidade na que a bici en ruta substitúese pola bici de montaña.

Rubén Ruzafa logra su segundo título mundial XTerra en Hawai

jueves, 24 de octubre de 2013

IMPORTANCIA DO CALZADO NA CARREIRA !!!



Agora que estamos a traballar a resistencia aeróbica, é un bo momento para reflexionar sobre a importancia do calzado na carreira. Moitas veces, fixámonos máis no aspecto da zapatilla que na súa funcionalidade; e unha boa ou mala elección da mesma, vai a ser determinante para evitar sobrecargas musculares, dores de espalda etc.

Para elexir unha zapatilla axeitada, teño que coñecer cómo piso, para iso basta con fixarse na suela das zapatillas e ver cómo están gastadas:

       - PRONADORES: gastan a zapatilla pola parte interior.
       - SUPINADORES: gastan a suela pola parte exterior.
       - NEUTROS: gasta polo medio.

Unha vez que xa sei que tipo de pisada teño, cando vaia a mercar unhas zapatillas, comentareillo ao dependiente para que me guíe aos modelos que corresponden coa miña pisada.

CLICA NESTA FOTOGRAFÍA, accederás a unha infografía que che explicará con animacións todo o anterior.