QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 19 de noviembre de 2013

MUSCULATURA FAIXA ABDOMINAL. 4º E.S.O.

Como xa comentamos nos apontamentos, dentro dos beneficios do adestramento da forza-resistencia , queremos destacar a importancia que ten o equilibrio muscular da chamada "faixa abdominal". O excesivo debilitamento dos abdominais unido ao acortamento da musculatura lumbar, provoca desequilibrios musculares que se manifestan en dolores de espalda cada vez máis habituais. Esto agrávase  co que xa explicamos en 1º de E.S.O. sobre a hixiene postural : transporte da mochila pesada, estar correctamente sentados, etc.

Ao longo deste anos xa adquirístedes a autonomía mínima necesaria para correxir estes desequilibrios: facer exercicios de forza de abdominais e lumbares, xuntamente cos seus estiramentos correspondentes, garantizan ter unha zona abdominal forte e equilibrada.

A maiores neste curso, introduciremos exercicios de Pilates, que  basándose no chamado power house (faixa abdominal) permiten un excelente adestramento de forza e flexibilidade conxunta.