Este venres 8 de novembro imos a desenvolver no Colexio a actividade "Almorzos saudables", organizada polo Concello de Ourense, e dirixida aos alumn@s de 4º de secundaria. Dita actividade consistirá nunha charla informativa sobre a importancia e as pautas a seguir para un bo almorzo; e unha posterior degustación.
Como preparación deixamos varios enlaces a webs (clica nas imaxes) relacionadas co tema e que esperamos que vos axuden a adquirir hábitos de vida saudables, que lembrade que é o eixe vertebrador do Seminario. Nestes enlaces aprenderedes a facer almorzos saudables , recoñecendo os grupos de alimentos que deben formar parte do mesmo.
QUE É MOVETE ?
MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día.
Grazas !
" Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino".
Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.