QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 19 de noviembre de 2013

DESCUBRE O DEPORTE REI (non esperes atopar a Messi nin a Ronaldo)!!!

Antes que darlle patadas a un balón, golpear unha pelota cunha raqueta o metela nun cesto, moito antes disto o atletismo xa existía, e todo o mundo o practicaba. Efectivamente, na prehistoria , os homínidos corrían , saltaban, lanzaban... todo como algo rutinario na súa vida; podemos decir que todos levamos o atletismo no sangue.

O primeiro pensamento que se nos ven á mente cando oímos "atletismo" é sufrir correndo. Nestes catro anos de Secundaria, este será o único deporte que vas a coñecer todos os anos, e daraste conta de que cada ano será diferente. Efectivamente, o atletismo ten tantas modalidades que o todo o mundo o pode practicar: os rápidos pero pouco resistentes, os resistentes pero lentos, os altos e delgados, os máis fortachóns; todos temos unha modalidade que se adapta ao noso físico. Esta é a grandeza do atletismo.

Intentaremos que ao coñecelo, valores o increíble que son as marcas que se consiguen. Saltar 2 metros 45 c.m. igual non che di nada, pero si che digo que é saltar 12 cm. por riba do longueiro dunha portería...como che queda o corpo?

Non teñas medo, hai unha proba para ti. Compróbao nestes vídeos.