QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 18 de noviembre de 2013

VIVA A CARREIRA DO SAN MARTIÑO !!!!

Espectacular, abraiante, impresionante.... infinidade de adxectivos para calificar á carreira máis popular de Galicia: o San Martiño. Baixo un día típico de novembro, con frío pero soleado, 8.700 atltetas, entre adultos, escolares e cativos, cruzaron a liña de meta no Pavillón dos Remedios.

Entre estes 8700 deportistas , queremos destacar aos 131 corredores que representaron ao noso Colexio: 37 na carreira de cativos e 94 na escolar, cada un buscando o seu obxectivo: acabala carreira, mellorar tempos de anos anteriores, facela sen deterse.....pero todos disfrutando dun día deportivo. Noraboa a tod@s, estamos moi orgullosos do voso esforzo!!!!

Si queres ver os teus resultados clica nestes enlaces (lembra que o tempo real que fixeches é o que pon "TEMPO NETO", que é o que mide desde que pasas pola saída ata a chegada á meta).