Como publicamos na entrada anterior, os alumn@s de 4º de E.S.O. disfrutaron dun almorzo saudable dentro dos programas educativos da Concellería de Educación. Destacar a calidade e presentación dos alimentos: brochetas de froita, bocadillos de xamón, zume de laranxa, leite... Somos conscientes de que da noite para a mañá os nosos alumn@s non van cambiar os seus hábitos, pero seguro que esta "semente" que plantamos hoxe, traerán adultos saudables no futuro.
Estas actividades rematarán o próximo venres día 15 cunha charla no salón de actos a cargo dunha especialista en nutrición.
QUE É MOVETE ?
MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día.
Grazas !
" Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino".
Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.