QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

jueves, 28 de mayo de 2015

OS DEPORTES ALTERNATIVOS: O SOFTBALL!!

O softball é unha variante do béisbol. O seu nome ven da forma de lanzar a pelota, que fai que ésta sexa máis "blanda" ao coller menos velocidade. Sen dúbida é un dos deportes que máis sorprende e gusta aos alumn@s !!
video

U.D.IV 2º E.S.O.: O SOFTBALL

lunes, 25 de mayo de 2015

O FLOORBALL: COÑECEMOS O DEPORTE A TRAVÉS DESTES VIDEOS.

Como xa explicamos nas clases , o floorball nace como unha variante do hoquei xeo nos países nórdicos. En España son máis coñecidas outras variantes como o hoquei herba e de sala (de moita tradición en Ourense), e o hoquei a patíns, moi practicado na provincia de A Coruña e no que España leva sendo a máxima potencia mundial desde hai moitos anos.
Nestes vídeos podemos ver a espectacularidade do floorball e qué halilidades se poden facer co stick. Abraiante !!!!.


APONTAMENTOS BÁDMINTON !!!

Pincha na imaxe e accederás a unha infografía que , a través de imaxes, explicarache claramente todo o que hai que saber sobre o bádminton: material, reglamento, técnica....

                      

UN POUCO DE BÁDMINTON por LUCIA BORRAJO. 2º E.S.O. A !!!

APONTAMENTOS FLOOBALL . TRABALLO REALIZADO POR PABLO FERNÁNDEZ 3º E.S.O. B!!!