QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 25 de mayo de 2015

O FLOORBALL: COÑECEMOS O DEPORTE A TRAVÉS DESTES VIDEOS.

Como xa explicamos nas clases , o floorball nace como unha variante do hoquei xeo nos países nórdicos. En España son máis coñecidas outras variantes como o hoquei herba e de sala (de moita tradición en Ourense), e o hoquei a patíns, moi practicado na provincia de A Coruña e no que España leva sendo a máxima potencia mundial desde hai moitos anos.
Nestes vídeos podemos ver a espectacularidade do floorball e qué halilidades se poden facer co stick. Abraiante !!!!.