QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 2 de junio de 2015

OS DEPORTES ALTERNATIVOS: O FÚTBOL - FLAG.

Un dos principais obxectivos do noso Seminario é o de fomentar a práctica deportiva entre o noso alumnado. É por isto que intentamos que o abano de posibilidades deportivas vivenciadas sexa o máis amplo posible. Nesta segunda avaliación , os rapaces e rapazas de 3º de E.S.O. coñeceron e practicaron unha alternativa ao fútbol americano chamada fútbol - flag ; e fixérono moi ben !!!!

video

XOGAMOS AO GOLF NA ESCOLA !!!

video

APONTAMENTOS FÚTBOL - FLAG !!!

APONTAMENTOS DE GOLF !!!

Déixovos estas dúas infografías onde poderás coñecer os elementos básicos para comprender a dinámica do golf. De todas maneiras lembra que o máis importante e facer as prácticas con interese !!!!