QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 2 de octubre de 2013

XOGA E APRENDE: A TÚA SAÚDE É IMPORTANTE.




Na U.D.I de 1º de E.S.O., estamos a insistir na importancia da hixiene postural para previr problemas de espalda, e da importancia dos bos hábitos para levar unha vida saudable.

Si clicas neste enlace , accederás a un divertido xogo onde poderás poñer a proba os teus coñecementos .

Anímate e sorte !!!