QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 15 de abril de 2013

PARTICIPACIÓN DO SEMINARIO NO PROXECTO INTERDISCIPLINAR DE 1º DE E.S.O.

O Seminario de E.F. vai a desenvolver dous traballos no P.I. de 1º de E.S.O.


1º E.S.O. A :  MELLORAMOS A NOSA SAÚDE A TRAVÉS DA FORZA.

1. OBXECTIVOS .

- Coñecer qué é a forza.
- Coñecer os tipos de forza.
- Coñecer os beneficios da forza-resistencia na nosa saúde.
- Coñecer e executar correctamente exercicios básicos de forza.

2. CONTIDOS.

- exercicios básicos de forza: abdominais, lumbares, flexións de brazos e sentadillas.
- uso de TIC'S: vídeo, búsqueda de información na rede, manexo de programas de edición de vídeos (windows movie maker).

3. TAREFAS.

- búsqueda de información.
- grabación en vídeo dos exercicios.
- montaxe dos vídeos.

1ºB: MELLORAMOS A NOSA SAÚDE A TRAVÉS DA RESISTENCIA.

1. OBXECTIVOS.

- Coñecer qué é a resistencia.
- Coñecer os tipos de resistencia.
- Coñecer os beneficios da resistencia aeróbica.
- Coñecer no entorno do Colexio lugares para poder facer carreira continua.

2. CONTIDOS.

- exercicios básicos de resistencia aeróbica: marcha e carreira continua extensiva.
- uso de TIC'S: montaxe de texto con fotos

3. TAREFAS.

- búsqueda de información.
- coñecer in situ os entornos do Colexio, sacando fotos do máis importante: Paseo Carrefour, Paseo Parque do Barbaña.
- elaboración dunha ficha dos lugares visitados.