QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 9 de abril de 2013

COÑECEMOS A XIMNASIA

Onte os alumn@s de 4º de primaria puderon disfrutar dunha xornada de ximnasia no Cole. A actividade constou de duas partes, mentras un grupo coñecía teóricamente os fundamentos dos diferentes tipos de ximnasia ( rítmica, deportiva,acrobática,aeróbica...); outro tiña unha sesión de inicicación práctica. Agradecemos a colaboración do Clube de Ximnasia Pabellón de Ourense, que foi quen desenvolveu esta xornada. Agora xa coñecemos outras modalidades deportivas, non todo é fútbol !!!!!