QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

jueves, 18 de abril de 2013

VALORES NA ACTIVIDADE FISICA.

Navegando pola rede atopamos esta interesante actividade sobre os valores que a través do deporte , transmitimos aos nosos alumn@s. O profesor de E.F. Daniel Martín, crea unha serie do xogos clic, que permiten aos nen@s de primaria aprender xogando. Inténtao!!!