QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

sábado, 13 de abril de 2013

CAMIÑO DE SANTIAGO. HAI QUE CAMIÑAR ! PASEO DO BARBAÑICA.

O Paseo do Barbañica (tb. coñecido como Paseo do Carrefour) , arranca na súa desembocadura no río Barbaña, no barrio do Polvorín , e transcorre ata o Parque dos Patos, na Valenzá. Ao coincidir o seu inicio co do Paseo do Barbaña (ver entrada anterior), podes unilos dous e facer un circuito duns 10 km.

 

FICHA TÉCNICA.

1. DISTANCIA: 6 Km ida e volta.
2. DIFICULTADE: baixa (totalmente chan).
3. ORIENTACIÓN: fácil.
4. TERREO: asfaltado.
5. PEONIL: SI.
6. XIMNASIO SAUDABLES : Dous. 
7. FONTE: SI (a carón dos ximnasios saudables).
8. ASPECTOS POSITIVOS: peonil, totalmente chan , a paisaxe e os ximnasios saudables, que permiten tamén traballala forza.
9. ASPECTOS NEGATIVOS: sen dúbida a masificación de xente camiñando, correndo e incluso bicis en horas puntas do día.