QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 2 de abril de 2013

FESTAS SAN JOSE 2013: ENTREGA DE MEDALLAS E TROFEOS.

Como colofón a unha fantástica xornada de festas para todos fixemos a entrega de trofeos aos gañadores no programa deportivo de Secundaria. Como xa é costume nos últimos anos, antigos alumn@s foron os encargados de facer a entrega . Adriana Rial, Sergio Parga e Andrés Piñeiro, que previamente fixeron unha espectacular exhibición de artes marciais, foron os protagonistas, xunto cos vencedores, deste emotivo acto. Hai que destacar que os tres son deportistas de prestixio tanto a nivel nacional como internacional na modalidade de wushu. Desde o Seminario queremos darllelas grazas pola súa presenza !!