QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

domingo, 14 de abril de 2013

CAMIÑO DE SANTIAGO: LESIÓNS MÁIS HABITUAIS.

O esforzo  de percorrer máis de 100 km en 5 días, leva consigo , inevitablemente, algúns contratempos físicos máis ou menos importantes. Esta entrada ten como obxectivo que sexamos conscientes deles e que , na medida do posible, poidamos evitalos e, no caso de que acontezan, solventalos. O Camiño require dun afán de superación e dunha capacidade de esforzo que sen dúbida serán valores que nos servirán no futuro, ou no mesmo presente, na nosa vida cotiá.

Por orden de i frecuencia podemos citar os seguintes:

1. ROZADURAS:  sobre todo nas ingles, espalda (pola mochila). É importante non levar roupa apretada, nin pantalóns nin camisetas ceñidas. Algúns atletas untan de vaselina estas zonas sensibles para evitar as rozaduras.


2. AMPOLLAS: para evitar este problema xa comentamos a importancia do calzado e dos calcetíns. Lembra que o calzado ten que estar "pateado", é decir, que xa o teñas domado non comprar as zapatillas na víspera!  Os calcetíns mellor sen costuras, que sexan transpirables. Como nas rozaduras , hai xente que unta de vaselina os pes ao comenzala xornada, e no remate da mesma os mete en agua fría con sal.



3. CALAMBRES, FATIGA MUSCULAR: importante adestrar antes de facelo Camiño (mira as entradas anteriores HAI QUE CAMIÑAR! ) ,  e estirar ao rematalas etapas. Si fora posible sería moi bo metelas pernas nalgún riachuelo ben fresco.


    




3. DESHIDRATACIÓN: se fai moito calor, e na primaveira poden vir xornadas calurosas, é imprescindible beber frecuentemente, e sobre todo hai que beber sin ter sede, nunca esperar a ter sede para beber !!!




4. QUEIMADURAS: como no caso anterior, se fai calor, é importante levar gorra e protector solar (están na listas que vos demos).

Para rematar déixovos este enlace interesantísimo que debedes consultar !!!!