QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 16 de abril de 2013

ERGONOMÍA INFANTIL. EVITA OS PROBLEMAS DE ESPALDA.

Por qué é tan frecuente o dolor de espalda en nenos e adolescentes? Un estudo realizado en Palencia, demostrou que 2 de cada 3 escolares entre 11 e 14 anos tiñan dolores de espalda. Si descartamos problemas derivados de golpes , caidas e factores biolóxicos; a resposta temos que atopala na súa vida cotiá. Horas e horas sentados en posicións incorrectas, mochilas sobrecargadas e mal transportadas, son factores decisivos para que aparezan ditas molestias.Estudios científicos demostran que o peso da mochila non debe sobrepasar o 10% do peso do neno. . Co paso do tempo , é moi frecuente que todo derive nunha escoliosis.

  

Qué é unha escoliosis? É unha inclinación lateral da columna vertebral. Por eso é tan importante que aparte do peso, controlemos cómo levan a mochila os nosos nenos.
Nesta infografía, podedes aprender a levar correctamente a mochila, sentarse, descansar, coller pesos....Posiblemente coñezas cousas que melloren a túa saúde!!!