QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 10 de abril de 2013

CAMIÑO DE SANTIAGO: HAI QUE CAMIÑAR: PASEO DO BARBAÑA.

Estamos na recta final , e como xa sabedes é importante que saiades a camiñar para adestrar a musculatura e para que nos vaimos facendo ao calzado , os calcetís etc.
Neste enlace tedes un traballo que os vosos compañeiros de 2º da E.S.O. fixeron o ano pasado sobre o Paseo do Barbaña. Unha completa ficha técnica que te axudará no teu adestramento!
Nesta semana atentos aos próximos lugares onde adestrar!!!

FICHA TÉCNICA PASEO BARBAÑA.

  1. INICIO: barrio do Polvorín en dirección ao Paco Paz.
  2. DISTANCIA: 3.500 metros (ida e volta ).
  3. DIFICULTADE: baixa.
  4. ORIENTACIÓN: fácil.
  5. COMPOSICIÓN: 95% terra- 5% asfalto.
  6. PEONIL: SI
  7. XIMNASIO SAUDABLE: SI
  8. FONTE: SI
  9. A FAVOR: peonil , prácticamente chan (moi bo para principiantes), ximnasio saudable (tamén podes facer forza), bonita paisaxe.
  10. EN CONTRA: a determinadas horas pode estar relativamente masificado.