QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 17 de abril de 2013

CAMIÑO DE SANTIAGO: HAI QUE CAMIÑAR !! PASEO DAS NIFAS (paseo polo Miño).

O paseo máis emblemático da cidade é o que transcurre polo Miño, conectando as dúas  marxes polas pasarelas de Outariz e de Velle e por un dos símbolos da cidade a Ponte Vella. O especial deste paseo é ,por unha banda, o marco incomparable que nos ofrece o Miño; e por outra , todo  o recorrido termal da cidade: Pozas de Outariz, Balneario Termal de Outariz, Pozas do Muiño, e Termas da Chavasqueira.



  FICHA TÉCNICA.

1. DISTANCIA: Saída no Pavillón dos Remedios en dirección a Outariz::
 - dando a volta pola Ponte Vella: 9km
- dando a volta pola Pasarela de Velle: 12,5 km
- dando a volta na Presa de Velle: 14 km.

2. DIFICULTADE. baixa 

3. ORIENTACIÓN:sinxela.

4. COMPOSICIÓN: 80% terra, 20% asfalto.

5. PEONIL: SI ( na marxen dereita pódeste cruzar con Tren Termal ).

6. XIMNASIO SAUDABLE: SI .

7. BAÑOS: SI

7. VENTAXAS: todas: paisaxe, ximnasios, baños...

8. INCONVINTES: moita bicicleta.