Un dos aspectos máis importantes para todo peregrino é o calzado. Para elexir o calzado adecuado temos que ter en conta a época do ano en que imos a peregrinar e que roteiro imos a facer. Tendo en conta estas posibilidades, intentaremos analizar o calzado máis recomendable para nós.
Temos varias opcións:
1- BOTAS DE TREKKING : teñen a seu favor que ao ser de caña alta protexen o nocello e dan moita estabilidade ( lembra que ímonos encontrar con subidas, baixadas, camiños irregulares, pedras...); ademáis é habitual que sexan impermeables, o cal é importante si nos coinciden choiva e lama. Como aspecto negativo, atopamos que son pouco flexibles, máis pesadas e bastante incómodas por asfalto.
2- ZAPATILLAS DE TRAIL : son como unhas zapatillas de correr pero do mesmo material que as botas de trekking, o que lle confire unha boa estabilidade e dureza. Ao ser de caña baixa non protexen tanto, pero son máis flexibles, lixeiras e adáptanse mellor ao asfalto. Normalmente non son impermeables, pero tamén hai modelos de gore-tex que lle confieren esta particularidade.
Tendo en conta que imos facer o Camiño a principios de maio e que seguiremos un roteiro non demasiado montañoso, podemos inclinarnos pola segunda opción, tendo presente que a primeria é perfectamente válida.
En calquer caso , o que debemos evitar son as zapatillas de "vestir", e as de calquer outra modalidade deportiva: baloncesto, atletismo....
QUE É MOVETE ?
MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día.
Grazas !
" Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino".
Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.