QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 27 de marzo de 2013

O CAMIÑO: QUÉ ROUPA LEVO?

Como xa explicamos nunha entrada anterior, non imos de expedición nin de vacacións á praia, polo tanto temos que levar unha cantidade de roupa axeitada, además temos a posibilidade de que en moitos albergues podes lavar a roupa. Como recomendacións:
- unha muda e camiseta para cada día.
- un chándal (lixeiro) para despois da ducha.
- unha soadoira.
- unhas chanclas ( moi útiles tanto para ducharse como para que descansen os pes).
- un chuvasqueiro de cor chamativo (hai uns moi útiles que tapan tamén a mochila).
- un pantalón longo e outro curto.
- un peto reflectante.
- unha gorra

En canto a qué tipo de roupa, é recomendable a chamada "técnica" que se caracteriza por non ter costuras (que evita rozaduras), e  ser  de material traspirable .