QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

domingo, 24 de marzo de 2013

FOTOS FESTAS SAN JOSE 2013: ACROSPORT

A alumna de 3º de E.S.O. Marta Otero facilitounos unhas fermosas fotos das actividades deportivas das festas. Desde o seminario de E.F. queremos darlle as grazas así tamén como felicitar a todos os que coa vosa participación e esforzo fixéstedes posible estas festas. En próximos días subiremos máis fotos e vídeos.