QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

viernes, 1 de marzo de 2013

O CAMIÑO DE SANTIAGO



“Sempre, ao final dunha etapa da nosa vida, quedan os bos momentos, aqueles que por moito tempo que pase , xamais se olvidan”


Como ben sabedes, estades no final da vosa etapa de formación no Colexio. Todo remate conduce inevitablemente a un comenzo. Nós, como Colexio en pastoral, queremos que esa nova etapa que estades a piques de iniciar, vaia precedida dunha experiencia persoal e grupal , un Camiño que vos permita coñecervos mellor a vos mesmos, aos vosos semellantes e ao voso entorno. En definitiva, unha vivencia que permaneza inalterable na vosa memoria.

Camiño Sanabres, será a nosa ruta ao longo de 5 etapas:
  • OURENSE - CEA.
  • CEA - DOZÓN.
  • DOZÓN - SILLEDA.
  •  SILLEDA - OUTEIRO.
  • OUTEIRO - SANTIAGO.  
Pretendemos que sexa unha experiencia multidisciplinar: 
  1. fomentar a convivencia adoptando actitudes reflexivas co entorno que nos rodea.
  2. profundizar no coñecemento histórico e artístico da nosa Comunidade.
  3. potenciar a creatividade: fotografía (exposición de fotos relacionadas co Camiño), literatura (relatos, diarios...), pintura, música....
  4. Mellorar a nosa condición fiísica.

Unha xornada  "tipo" empezaría co almorzo e posta en marcha. Un profesor iría abrindo o camiño, outro cerrándoo e un terceiro iría nun coche de apoio. Durante a etapa pararíamos a agruparnos nos lugares de interese e a metade de recorrido para comer de bocata (que xa levaríamos preparados no coche de apoio). Intentaríamos chegar ao comenzo da tarde ao albergue para descansar e ter tempo libre. Cea no lugar asignado e a descansar para o día seguinte !

O Camiño remataría en Santiago , onde recolleríamos a nosa Compostelana e participaríamos nunha misa na Catedral !!!