QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 26 de marzo de 2013

OS NOSOS DEPORTISTAS.

Nesta ocasión os protagonistas desta etiqueta non son os alumnos, se non os membros do Seminario de E.F. que tratan de ser un exemplo de motivación para o noso alumnado. Concretamente o profesor de 1º ciclo de primaria  Jorge Marcos Escudero vense de proclamar campión da 3ª división autonómica de baloncesto, co seu equipo do Aceites-Abril Bosco. Por outra banda o profesor de secundaria Guillermo García ven de participar no Maratón de Sevilla, rexistrando un tempo de 3 horas e 36 minutos.