QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

viernes, 22 de marzo de 2013

OS NOSOS DEPORTISTAS

Continuan os éxitos dos nosos deportistas ao más alto nivel. Paula Ginzo e Alex Mazaira , que como sabedes deixaron este ano o Colexio para desprazarse a Barcelona a xogar no Clube Século XXI e no F.C.Barcelona ,respectivamente; veñen de formar parte da selección nacional de baloncesto. Noraboa e que sigades a ser exemplo de deportistas , dentro e fora da cancha!!!

Mazaira será el segundo ourensano que vista la camisola nacional.