QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 18 de noviembre de 2014

3º ESO: APONTAMENTOS U.D.II:A VELOCIDADE NO ATLETISMO. OS VALADOS.

Como nos cursos anteriores, desenvolvemos a velocidade a través das probas atléticas. Neste curso facémolo mediante as carreiras de valados. Clica na primeira foto e accederás a un power point da IAAF onde explica as características técnicas do paso de valados. Clica no doodle de google e poderás participar nun divertido xogo de carreiras de valados !!!!