QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 24 de noviembre de 2014

ATLETISMO : AS CARREIRAS LISAS DE VELOCIDADE!!!

O atletismo está considerado como o deporte rei dos Xogos Olímpicos, de feito unha carreira en honor ao deus grego Zeus foi a semente dos mesmos. Clica na fotografía e accederás a unha infografía onde coñerecerás a fondo a técnica de saída de tacos e a técnica de carreira.