QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 4 de noviembre de 2014

ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE.

A actividade física é un piar fundamental para a nosa saúde, pois ten unha incidencia positiva nos tres factores que inflúen no noso benestar:

1. estado físico: melloramos a nosa condición física, axuda a controlar o noso peso corporal, fortalecemos o aparato locomotor, evitamos enfermidades cardiovasculares e respiratorias...
2. estado psíquico: a mellora física fai que a persoa desenvolva a súa autoestima e a confianza nas súas propias posibilidades.
3. sociabilidade: a práctica deportiva axuda a relacionarse e favorece a integración nun grupo de amigos.

É por isto que dende a materia de Educación Física intentemos non só inculcar a práctica deportiva nos nosos alumnos, se non tamén os dotar da autonomía necesaria para que poidan por si mesmos, realizar actividade física orientada á saúde: realizar correctamente a carreira continua, adquirir exercicios básicos de forza e flexibilidade, coñecer outras actividades: aeróbic, GAP, Pilates, Body Pump.....

Por este motivo dentro da U.D.I os alumnos de 3º e 4º de ESO realizaron varias sesións no Parque Barbaña, facéndoos ver que no seu tempo libre teñen espazos naturais na cidade onde poder desenvolver a súa práctica deportiva.