QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

A DISFRUTAR DO SAN MARTIÑO !!!!

Este domingo 16 de novembro levarase a cabo a 38º edición da carreira popular máis participativa de Galicia : A Carreira do San Martiño. Nesta edición , o noso Centro estará representado por 312 alumnos /as que abrangan desde 5º de Infantil ata 4º de ESO, e que participarán nas categorías de cativos e escolares.

HORARIOS:
- categoría ESCOLAR: saída ás 12:30 (lembrar que nesta categoría NON se pode acompañar aos nenos/as).
- categoría CATIVOS: saída ás 13:15 ( lembrar que nesta categoría SI podemos acompañar aos nenos/as).

Para máis información clica na imaxe .