QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 19 de febrero de 2014

COUSAS PARA FACER NO TEU TEMPO DE OCIO !!!


Podes sorprenderte da cantidade de cousas que podes facer no tempo de lecer durante as fins de semana. Si clicas na fotografía, acceederás á web do Concello de Ourense www.ociourense.es onde atoparás un montón de actividades. BTT, piragúismo,parkour,escalada,buceo,patinaxe,caza foto...

Entra e busca a túa actividade !!!!