QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 19 de febrero de 2014

COUSAS PARA FACER NO TEU TEMPO DE OCIO !!!


Podes sorprenderte da cantidade de cousas que podes facer no tempo de lecer durante as fins de semana. Si clicas na fotografía, acceederás á web do Concello de Ourense www.ociourense.es onde atoparás un montón de actividades. BTT, piragúismo,parkour,escalada,buceo,patinaxe,caza foto...

Entra e busca a túa actividade !!!!




martes, 18 de febrero de 2014

XOGADAS INCREÍBLES!!

Repasando os deportes traballados neste trimestre , podemos deleitarnos con puntos, goles e canastras realmente espectaculares. Collede asiento e a disfrutar !!

                                                           
                                                     fíxate na mobilidade das xogadoras.


goles increíbles no balonmán!!!


qué emocionante pode ser o baloncesto !!


lunes, 17 de febrero de 2014

ALIMENTACIÓN E SAÚDE !!

Como ben sabedes, a nosa área está moi orientada hacia a adquisición de hábitos que melloren a vosa saúde, hábitos tanto deportivos como de outra índole como os alimenticios, psicolóxicos, etc. Si clicas nas fotografías poderás acceder a dous interesantes artículos sobre un tema que xa tratamos na primeira avaliación: o almorzo!. Poderás recordar os perigos de saltarse esta fundamental comida e tamén os seus beneficios. Adica 5' do teu tempo, será unha boa inversión !!!

Un buen desayuno en la adolescencia, clave para prevenir el riesgo de obesidad          Los riesgos de saltarse el desayuno

martes, 11 de febrero de 2014

APONTAMENTOS BALONMÁN!

BREVE HISTORIA.

O balonmán moderno nace a comenzos do s.XX no centro e norte de Europa. Ata mediados deste século practicábase ao aire libre, nos campos de fútbol, e xogaban 11 xogadores de cada equipo ( este formato ainda se practica en algúns países) nos meses de verán. A climatoloxía fixo que se fose adaptando para que a súa práctica fora posible durante todo o ano. Deste xeito aparece o balónmán que coñecemos actualmente, que se xoga en pista e con 7 xogadores de cada equipo. O balonmán foi deporte olímpico por primeira vez en Munich 72 (categoría masculina), e Montreal 76 ( categoría feminina).


     
España é a actual campiona do mundo neste deporte en categoría masculina, e medalla de bronce olímpica en categoría feminina.


                                      

REGLAMENTO.

Pica eiquí e accederás a unha infografía que che explicará gráficamente todo o relacionado co reglamento, dinámica de xogo, accións técnicas...

ACCIÓNS TÉCNICAS.

Lembras estas accións técnicas que traballos neste tema....

    
pase armado clásico                     finta de brazo                                finta de corpo 
 
        recepción.                                            pase en pronación
    
  lanzamento en suspensión                   lanzamento en caída                        lanzamento en apoio


  lanzamento de cadeira

A XAVELINA EN IMAXES !!

Clica na foto e coñecerás todos os aspectos importantes do lanzamento da xavelina. Fíxate sobre todo no apartado da técnica!!