QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 26 de marzo de 2014

xogos populares 1ºciclo EP.

Como todos os anos, os alumnos de 1º ciclo de primaria, disfrutamos das festas coa participación nuns xogos populares moi divertidos!!