QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

viernes, 6 de marzo de 2015

APONTAMENTOS DE VOLEI.

BREVE HISTORIA.

Como no baloncesto, este deporte ten a súa orixen en EE.UU., e tamén foi ideado por un profesor de Educación Física. Será a comenzos do século XX cando se fixen as súas regras principais: número de xogadores, toques ao balón, a rotación...

É deporte olímpico desde Tokio 64. A finales do século XX naceu unha variante que está a causar furor , sendo un dos deportes estrelas nos xogos olímpicos actuais : o volei praia. Esta variante ten a particularidade de xogarse sobre area de praia e de cada equipo está constituido por dous xogadores, ainda que as dimensión do campo son as mesmas.

Pica neste enlace e accederás a unha infografía que che explicará os aspectos máis importantes: o campo, os xogadores, a rotación....
Lembra as  regras básicas deste deporte (pica neste enlace para ampliar información) :

  • ROTACIÓN: rótase cando se recupera o saque. Cada xogador móvese unha posición no sentido das agullas do reloxio. O que chega á posición 1 ten que sacar.
  • TOQUES Á PELOTA: cada equipo ten 3 toques para pasar o balón ao campo contrario. Un xogador non pode golpear o balón 2 veces consecutivas pero si alternas. O bloqueo non conta como toque. O saque non se pode bloquear nin rematar.
  • RETENCIÓN: é unha infracción que se comete cando un xogador non golpea limpiamente o balón, agarrándoo.
  • PUNTUACIÓN: xógase ao mellor de 5 sets . Gañamos un set ao chegar a 25 puntos con dous de diferencia,. No 5º set xógase a 15 puntos e tamén hai que gañar con dous de diferencia.

ACCIÓNS TÉCNICAS.

Lembra as accións técnicas básicas que traballamos nesta unidade didáctica:
     
             toque de antebrazos                     toque de dedos                                remate

                    
                     saque de abaixo ou seguridade                            bloqueo

Outras accións técnicas do voleibol:

                                     
                                saque en suspensión.                              saque de tenis ou flotante

                          
                       plancha frontal