QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 27 de marzo de 2013

O CAMIÑO: QUÉ ROUPA LEVO?

Como xa explicamos nunha entrada anterior, non imos de expedición nin de vacacións á praia, polo tanto temos que levar unha cantidade de roupa axeitada, además temos a posibilidade de que en moitos albergues podes lavar a roupa. Como recomendacións:
- unha muda e camiseta para cada día.
- un chándal (lixeiro) para despois da ducha.
- unha soadoira.
- unhas chanclas ( moi útiles tanto para ducharse como para que descansen os pes).
- un chuvasqueiro de cor chamativo (hai uns moi útiles que tapan tamén a mochila).
- un pantalón longo e outro curto.
- un peto reflectante.
- unha gorra

En canto a qué tipo de roupa, é recomendable a chamada "técnica" que se caracteriza por non ter costuras (que evita rozaduras), e  ser  de material traspirable .
     

martes, 26 de marzo de 2013

OS NOSOS DEPORTISTAS.

Nesta ocasión os protagonistas desta etiqueta non son os alumnos, se non os membros do Seminario de E.F. que tratan de ser un exemplo de motivación para o noso alumnado. Concretamente o profesor de 1º ciclo de primaria  Jorge Marcos Escudero vense de proclamar campión da 3ª división autonómica de baloncesto, co seu equipo do Aceites-Abril Bosco. Por outra banda o profesor de secundaria Guillermo García ven de participar no Maratón de Sevilla, rexistrando un tempo de 3 horas e 36 minutos.
  

O CAMIÑO: A MOCHILA

A mochila vai a ser a túa fiel compañeira ao longo do Camiño, pero pode ser unha compañeira moi pesada si non a fas con sentido; lembra que non imos de expedición ao Everest. Pica neste enlace atoparás información moi útil sobre o que levar !