QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 24 de septiembre de 2013

PERIGOS DO SEDENTARISMO.

A U.D.I de 1º da E.S.O. leva o título de "A actividade física fronte ao sendentarismo: beneficios e perigos", e nela estamos a resaltar os beneficios (físicos , psíquicos e sociais) que para a nosa saúde ten a actividade física, e tamén os perigos aos que se enfrenta unha persoa sedentaria.

Neste artigo podedes ampliar os contidos relacionados con esta U.D. , facendo fincapé nos perigos da vidad sedentaria.

Bótalle unha ollada , a túa saúde merece 5' de lectura!!!!