QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 30 de septiembre de 2013

HAI MÁIS DEPORTE ALÉN DO FÚTBOL !

Nesta sección intentaremos achegarvos a actualidade deportiva non futbolística, porque existe , aínda que non o pareza !!.

Como novas máis salientables deste fin de semana , imos a destacar (clica nos enlaces para acceder á noticia) :

1. O campionato do mundo acadado pola Selección Nacional de Hoquei a patíns. É o 16º  Campionato do Mundo, e o 5º de forma consecutiva!!!

2. No campionato do mundo de ciclismo en ruta os españois "Purito" Rodriguez e Alejandro Valverde acadaron as medallas de plata e bronce respectivamente; sendo o vencedor o corredor portugués Rui Costa.

3. No open femino de golf de Francia, a española Azahara Muñoz acadaou a victoria por diante da francesa Glwadis Nocera.

4 O español .Kilian Jornet ven de revalidadr o título de  campión do mundo en carreiras de montaña de ultradistancia, despois de rematar 4º clasificado na última proba , a Ultra race of champions sobre unha distancia de 100 km e un desnivel de 4.000 metros.

5. O atleta keniata Wilson Kipsang bateo o récord do mundo de marathón (42 km e 192 metros) na proba celebrada en Berlín, deixando a marca en 2 horas 3 minutos e 23 segundos; rebaixando en 15" a anterior marca do seu compatriota Patrick Makau.