QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

jueves, 26 de septiembre de 2013

CURSO 12-13: OS ALUMN@S DE 2º E.S.O. DIN NON AO TABACO.

Ao longo do curso anterior, os alumn@s de 2º E.S.O. participaron no programa da Xunta de Galicia " Clases sen fume". Firmaron un compromiso de non fumar, coñeceron os efectos negativos do tabaco, tiveron charlas formativas, fixeron espirometrías para verificar que cumprían o compromiso; e tamén fixeron actividades creativas como cómics e un vídeo. A través destas actividades tratan de reflectir non só as consecuencias negativas, si non tamén cómo afrontar a presión do grupo , que é o máis importante para non comenzar a fumar: saber decir NON!!!.

Si clicas no vídeo poderás ver o que fixeron os vosos compañeiros de 2º!!