QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

viernes, 20 de septiembre de 2013

CORRENDO POR OURENSE.



O alumo de 4º de E.S.O. David Alonso, achéganos os enlaces das catro probas disputadas ata o de agora na edición deste ano de Correndo por Ourense: Vinteún, Corpus, Couto e Ponte. Nestes enlaces poderás comprobar a túa clasificación así tamén como o vídeo da chegada. Así mesmo, poderás comprobar a clasificación xeral desta "liga" de carreiras. Si te animas, aínda quedan dúas probas desta competición:
- domingo 29 de setembro ás 12:00 : Carreira da zona universitaria.
- domingo 27 de setembro ás 12:00:  Carreira da Carballeira.

Ánimo e participa, é unha excelente oportunidade de complementar a U.D.I que estades a traballar!!!!

Clica nestes enlaces:
CARREIRA DO VINTEÚN
CARREIRA DO CORPUS
CARREIRA DO COUTO
CARREIRA DA PONTE
CLASIFICACIÓN XERAL

Moitas grazas a David Alonso!!